Sabedes o que é o amor? eu seino ben. non volo podo explicar, o amor séntese pero non hai unha maneira de definilo, aínda que sentír séntese con moita intensidade, podo aseguralo, sei o que digo. chámome barucho, alvaro en realidade, pero o meu avó dicíame barucho e todos me chaman así. teño oito anos e o primeiro día da escola, cando empezaba o terceiro curso de primaria, foi máxico. así comeza esta nova historia nacida da fecunda imaxinación de x.h. rivadulla corcón. un libro cheo de personaxes máxicos que van engaiolarte dende a primeira palabra ata a derradeira. barucho ten un ano máxico. coñece o amor.
